Cómo crear un live USB dende a terminal
Introducción
Estes días tiña gana de buscar unha distribución máis actual ca Debian, pero que seguise sendo estable e ben testada. Anteriormente xa traballei con EndevourOS e se ben non tiven ningún problema, si que botei en falta algunhas cousas. Tamén teño que recoñecer que non me gusta demasiado depender dos paquetes non oficiais. Por exemplo, cando falamos de cousas de seguridade, como unha VPN ou similares. Neses casos para derivadas de Arch, hai que recurrir a Flatpak ou aos paquetes AUR mantidos pola comunidade. Paquetes que as compañías das aplicacións non recoñecen, cando non son mantidos por eles, obviamente. Iso ou recorrer a configuracións manuais con outras aplicacións, coma Wireguard. Non é a fin do mundo, pero quería probar algo máis.
Buscando cheguei a conclusión de que nunca lle dera unha oportunidade a Fedora, a cal ten paquetes máis recentes ca Debian. Xeralmente van cuns seis meses por detrás das rolling-release. Vexo que é considerada bastante estable e ademáis recomendada para desenvolvedores.
Fedora ofrece unha aplicación para crear estas imaxes, pero antes de instalar nada máis busquei se o propio sistema trae algo para crear Live-USB. E si, o modo máis rápido sen instalar nada é usando dd, a aplicación de terminal. Ademáis o xeito de facelo tamén é bastante doado.
Crear unha Live-USB
O primeiro que imos necesitar será descargar a imaxe que queremos probar, no meu caso busquei a última imaxe de Fedora KDE. Quero mudar de distro, pero estou cómodo co escritorio. Co cambio pasarei de Plasma 5.27 a Plasma 6.16. Unha vez temos a distribución, o seguinte será o USB, que terá que ter a capacidade suficiente para grabar a imaxe. Hoxe en día isto non será problema con calquer USB, salvo que teñamos algún vello e de pouca capacidade.
Identificando o USB
Para grabar unha imaxe temos que ver onde o queremos facer. Para iso usaremos o comando lsblk.
$lsblk
NAME MAJ:MIN RM SIZE RO TYPE MOUNTPOINTS
sda 8:0 1 0B 0 disk
sdb 8:16 1 14,9G 0 disk
├─sdb1 8:17 1 2,8G 0 part /media/codigomorrazo/datos
└─sdb2 8:18 1 172M 0 part
nvme0n1 259:0 0 476,9G 0 disk
├─nvme0n1p1 259:1 0 487M 0 part /boot
├─nvme0n1p2 259:2 0 1K 0 part
└─nvme0n1p5 259:3 0 476,5G 0 part
No meu caso o USB atópase en sdb, polo que será aí a onde dirixa o comando.
Creando a Live
Para crear a live usaremos o seguinte comando:
sudo dd if=Fedora-KDE-Desktop-Live-42-1.1.x86_64.iso of=/dev/sdb bs=8M;sync
- sudo: precisamos permisos de administrador para poder escribir a imaxe en /dev/sdb.
- dd: a aplicación que imos utilizar para copiar a imaxe.
- if: input file, o path á nosa imaxe.
- of: output file, o path a onde queremos escribir. Fíxate que non uso sdb1, senón sdb a secas. Aquí compre asegurarse ben de non equivocarse, ou podería resultar nunha perda de datos ao escribir a imaxe no sitio erróneo.
- bs=8M: o tamaño do bloque de lectura e escritura, neste caso 8M. A maior tamaño máis velocidade de escritura, pero tamén pode provocar erros durante a mesma.
- sync: asegura que todos os datos se escriban no disco antes de rematar a execución do comando, evitando así que retiremos o disco se aínda non rematara.
O comando tardará uns minutos en crear a imaxe, pero non hai que dar paso ningún a maiores.
Conclusión
Con isto xa teremos a nosa Live-USB creada, así só precisaremos reiniciar o equipo e seleccionar o arranque dende a chave USB, para probar o noso sistema. Este é un bo xeito de poder probar directamente a distribución sobre a nosa máquina, para ver o rendemento e demáis. Non será tan cómodo xa que tal e como está agora os cambios que fagamos non serán persistentes, pero só se trata de probala. Outra opción sería probar a distribución nunha máquina virtual, usando por exemplo VirtualBox, pero aquí xa dependería dos recursos que asignemos e demais. Pero ca vantaxe de que os cambios si que serán mantidos entre sesións.
Artigos Relacionados:
- AWK
- Eliminar liñas nun ficheiro con sed
- Engadir tarefas a Systemd
- Copiar a saída do terminal ao portapapeis
- Controlar la temperatura del equipo con bash y telegram
- Instalar Fedora con BTRFS, cifrado e Snapshots activos
- AWK
- Mudar as DNS en Fedora
- Distrobox
- Instalar Fedora en VirtualBox
- Eliminar liñas nun ficheiro con sed
- Engadir tarefas a Systemd
- Copiar a saída do terminal ao portapapeis
- Configurar acceso SFTP a un directorio
- Inicio de sesión automático en Alpine linux
- Crear un usuario con permisos restrinxidos para backups
- error: gpg failed to sign the data
- Xestionar varias claves ssh
- Cómo instalar Traefik con docker
- Configurar sshfs para acceder al sistema de ficheros de forma segura
- Securizar sudo no noso sistema
- Cómo instalar Raspberry OS
- Instalando docker en modo rootless en Debian
- Configuración e uso de GPG en linux