Introducción

Con motivo de traballar de xeito máis cómodo utilizo tres monitores, o do portátil e dous externos. Actualmente non utilizo a saída de HDMI do portátil, pero é que catro monitores paréceme excesivo. Esta configuración teñoa funcionando a través do USB-C do portátil e está conectado a un Doc, o Docking Station USB-C DisplayLink 4K. Que merquei no seu día en Slimbook. Ademáis de permitirme ter conectados os monitores, tamén ten varios USBs. O que me permite ter conectado o micro, a cámara, teclado e rato. Así cando alterno entre o meu portátil persoal e o do choio, tan só teño que mudar ese cable, non todo. Sei que tería a opción dos bluetooth, pero prefiro as conexións por cable.

Fai anos cando nos moveron a casa pola pandemia, foi cando me fixo falla o Doc para conectar os portátiles. Foi cando me fixen co Doc mencionado, e requeriu de instalar o software de Displaylink, para botalo andar. Daquela por comodidade no equipo do traballo usaba Kubuntu, co que a instalación foi simplemente seguir os pasos da propia páxina de Displaylink.

Daquela no meu portátil usaba EndevourOS, unha derivada de Arch. Non lembro como o instalei, pero foi sinxelo. O máis probable que fose a través dos respositorios AUR, da comunidade.

Instalación en OpenSuse Tumbleweed

Actualmente con Tumbleweed a través dos repositorios non fun quen de instalalo. Nin tan siquera cas dependencias. Pero buscando atopei unha guía ca que o conseguín doadamente.

Deixo os pasos aquí por se nalgún momento ese artigo se perde ou é borrado.

  1. Necesitamos instalar opi, con sudo zypper install opi. Polo que teño entendido é unha especie respositorio AUR, que permite instalar dende repos oficiais a proxectos personais.

  2. Instalamos evdi, con sudo zypper install evdi. Extensible Virtual Display Interface, un módulo do kernel para extender virtualmente a pantalla. Se estivésemos a usar OpenSuse Leap, teríamos que usar opi. sudo opi evdi. Cando executamos a orde, opi ofrécenos varias opcións.

Searching repos for: evdi
 1. evdi
 2. libevdi1
 3. dkms-evdi
 4. evdi-devel
 5. R-ElevDistr
 6. evdi-ueficert
 7. evdi-debugsource
 8. libevdi1-debuginfo
 9. evdi-kmp-default
10. evdi-kmp-default-debuginfo
Pick a number (0 to quit): 

Escollemos a primeira opción e pulsamos intro.

  1. Instalamos Displaylink, tamén a través de opi. Neste caso da igual Leap que Tumbleweed, non hai outra. sudo opi displaylink-driver. E escollemos a primeira opción do menú.
Searching repos for: displaylink-driver
1. displaylink-driver

E con isto xa estaría, reiniciamos o equipo e xa debería detectar os monitores.

Conclusión

Ao igual que cos respositorios AUR, OPI convirte unha tarefa compricada, como facer a man a instalación copiando ficheiros onde tocan, en algo valadí. Permitindo que poida traballar cos meus monitores sen compricacións, adicando o tempo ao que quero facer e non a facer funcionar o que necesito usar.

Fontes