Últimos Artigos

  • FFMPEG

    FFmpeg Introducción Nos últimos días tiven que traballar con algúns vídeos. Así que decidín ao igual que co comando awk ou sed, crear unha sección para ffmpeg. Ao igual cas outras este será un artigo vivo, conforme vaia vendo novas funcións. De momento o único que fixen foi comprimir vídeos e mudar o formato de mkv a mp4. Pero seguramente,...

  • Configurar LSPs en Kate

    Instalación e configuración de LSPs para Kate Introducción Durante algún tempo estiven a pagar por IDEs para desenvolver o meu traballo. Algúns baseados en plugins e outros listos para funcionar, co que xa traían de base. Pero dun tempo a esta parte veño considerando mudar a un sistema máis minimalista. Prescindir de executar un software que ocupa en ocasións dende...

  • Activar SSH server en Opensuse

    Activar servidor SSH en Opensuse Introducción Recentemente quixen conectar por SSH contra o meu sobremesa, pero non tiña activo o servidor de SSH. De cando en cando preciso conectar, dende outro equipo a el. Así que tiven que activar a conexión por SSH ao equipo. Estes son os pasos que seguín. Revisando o necesario O primeiro foi comprobar que tivese...

  • Recuperar el sistema después de una actualización

    Recuperar el sistema después de una actualización Introducción Recentemente tiven un problema con Opensuse Tumbleweed. Tras unha actualización, ao día seguinte, o sistema non arrancaba. Durante a carga do mesmo comezaba a dar erros de memoria e do procesador, non podía acceder a ningunha consola, nin a nada. Por sorte no caso de Opensuse as snapshots quedan configuradas tras a...

  • Probando Vikunja como Kanban

    Probando Vikunja como taboleiro Kanban Introducción Levo xa meses utilizando a gabeta de Nextcloud como taboleiro kanban, para cousas simples está ben. Por exemplo, se só preciso levar nota de que cousas teño pendentes, nas que estou a traballar, pendentes de revisar, etc. Pero cando preciso algo máis fino, por exemplo ao desenvolver aplicacións, queda curto. Se quero reflexar que...

  • Configurando Tailscale para acceder servizos dende fora

    Como acceder a nosa LAN dende fora con Tailscale Introducción Levo xa algún tempo con varios servizos configurados na Raspberry. Ata o de agora foi suficiente con poder acceder a eles dende casa e traballar en asíncrono para o resto de cousas. Por exemplo, as notas de Nextcloud, podo editalas en calquer momento no móbil e xa se sincronizarán cando...

  • Renovando o aspecto do blog

    Introducción Levo xa algún tempo co blog para recolectar cousas que vou probando. Como só é para mín o certo é que non me molestei moito en canto ao seu aspecto. Pero cada vez que entraba a revisar algo, o certo é que non me remataba de gustar. Así que aproveitando a IA dinlle un rápido lavado de cara. Non...

  • Instalación de paquetes con GUIX

    Instalación de paquetes con GUIX Introducción Guix é unha aplicación de terminal de GNU para a instalación de paquetes. Está baseada en Nix ca sua xestión de paquetes funcional. Isto fai que dada unha entrada a saída sempre será a mesma. Deste xeito é posible ter o sistema nun estado estable. Quero dicir, co arquivo de definición dos programas instalados,...

  • Activación da gráfica integrada en OpenSuse Tumbleweed

    Activar a tarxeta gráfica integrada en OpenSuse Introdución Fai pouco escoitei un Podcast de Sobre la marcha, no que Gabriel Viso falaba do uso da tarxeta gráfica nos portátiles. De como xeralmente o equipo non está configurado despois, da instalación para facer uso da tarxeta. O episodio xa era vello, do 2020, pero entroume a dúbida de se hoxe en...

  • Instalar DNIe e Autofirma en OpenSuse

    Instalar DNIe e Autofirma en OpenSuse Introducción Estes días no choio remitiron o formulario 145, para declarar o meu estado de cara aos impostos. O caso é que desque formatara non tiña instalados os drivers para o lector, nin o Autofirma para firmar o documento. Así que vou deixar aquí reflexados os pasos para instalar amba-las dúas cousas. Lector de...

Subscribirse via RSS