Introducción

New é un addon de Nextcloud que nos permite manter sincronizados os nosos feeds RSS entre distintos dispositivos. Deste xeito poderemos marcar como vistos os diferentes artigos independentemente de onde o estemos a ler.

Instalación

Como se trata dun engado de Nextcloud a Instalación é igual á de calquer outro. Polo que os pasos serán os mesmos que para instalar GPodder Sync. Acceder ca conta de Administrador, ou outra con permiso para instalar aplicacións. Prememos na icona de usuario e imos a Aplicacións. News atópase na sección de Multimedia. Unha vez a localizamos pulsamos en Descargar e activar.

Uso

Na barra superior aparecerá unha nova icona para as Novas. De entrada non teremos ningunha subscripción, pero veremos un botón +Subscribirse para ir engadindo as que nos interesen.

Se xa tívesemos subscripcións noutro dispositivo, teremos a opcioń de exportalas e importalas en News. O formato aceptado é OPML. A exportación dependerá da aplicación que estemos a usar. Pero para importar podémolo facer clicando en Axustes, abaixo á esquerda e ao final aparecerá unha frecha para importar e outra para exportar.

Lendo os feeds

No meu caso para ler os artigos, no PC, fagoo utilizando a propia vista de Novas en Nextcloud. Para o móbil temos a aplicación News, de Nextcloud, que podemos instalar dende F-droid ou dende a Play store. Se xa temos a aplicación de Nextcloud no teléfono, simplemente indicaremos que queremos usar a mesma conta que xa está en uso. Isto despois de indicar a ruta á nosa instancia de Nextcloud.

Conclusión

Agora podo ler cómodamente os meus artigos en diferentes dispositivos, sen ter que descartar a man os textos lidos nuns e noutros. Tamén no caso de ter que restaurar ou formatear un dispositivo, será tan doado como volver a iniciar sesión para continuar con todo como estaba.