Activación da gráfica integrada en OpenSuse Tumbleweed
Activar a tarxeta gráfica integrada en OpenSuse
Introdución
Fai pouco escoitei un Podcast de Sobre la marcha, no que Gabriel Viso falaba do uso da tarxeta gráfica nos portátiles. De como xeralmente o equipo non está configurado despois, da instalación para facer uso da tarxeta. O episodio xa era vello, do 2020, pero entroume a dúbida de se hoxe en día a cousa segue a ser así.
En portátiles con gráficos integrados, especialmente en Linux, é fundamental configurar correctamente o sistema para aproveitar ao máximo o rendemento e a duración da batería.
Neste artigo deixarei reflectidos os pasos que seguín para asegurarme do uso da tarxeta e da modificación dalgúns parámetros, onde foi necesario.
Revisando a configuración
1. Verificar o controlador gráfico
O primeiro paso é confirmar que o controlador correcto está en uso. Para gráficos Intel, o controlador é i915.
lspci -k | grep -A 3 -i "VGA\|3D"
Saída esperada:
00:02.0 VGA compatible controller: Intel Corporation Skylake GT2 [HD Graphics 520] (rev 07)
Subsystem: Lenovo Device 224b
Kernel driver in use: i915
Kernel modules: i915
2. Comprobar a aceleración 3D
Usa glxinfo para verificar que a aceleración 3D está activada.
glxinfo | grep "OpenGL renderer"
Saída esperada:
OpenGL renderer string: Mesa Intel(R) HD Graphics 520 (SKL GT2)
3. Activar a aceleración por hardware en Firefox
Para mellorar o rendemento do navegador, ca reproducción de vídeo ou outras opcións, é recomendable activar a aceleración por hardware en Firefox:
- Escribe
about:configna barra de direccións. - Busca e activa as seguintes opcións:
layers.acceleration.force-enabled→truegfx.webrender.all→true
- Reinicia Firefox.
Para verificar que está funcionando, escribe about:support e busca a sección “Compositor” e “GPU #1”.
4. Configurar VA-API para aceleración de vídeo
VA-API permite a aceleración por hardware na reproducción de vídeo.
Se non temos instalado o comando vainfo, executaremos previamente:
sudo zypper install libva-intel-driver libva-utils
Para verificar que está instalado e funcionando, executamos:
vainfo
Saída esperada (exemplo parcial):
libva info: VA-API version 1.23.0
libva info: Driver version: Intel iHD driver for Intel(R) Gen Graphics - 26.1.1
VAProfileH264High : VAEntrypointVLD
VAProfileH264High : VAEntrypointEncSlice
VAProfileHEVCMain : VAEntrypointVLD
VAProfileHEVCMain : VAEntrypointEncSlice
Para activalo en Firefox:
- Escribe
about:confige buscamedia.ffmpeg.vaapi.enabled. - Pon este valor a
true. - Reinicia Firefox.
En VLC, ve a “Ferramentas” > “Preferencias” > “Entrada/Códigos” e selecciona VA-API en “Aceleración por hardware”.
5. Monitorización do uso da GPU
Se non tes intel_gpu_top, podes usar o seguinte comando para ver a frecuencia actual da GPU:
watch -n 1 "cat /sys/class/drm/card0/gt_cur_freq_mhz"
Conclusión
Seguindo estes pasos, o teu sistema debería estar optimizado para aproveitar ao máximo a gráfica integrada, mellorando tanto o rendemento como a duración da batería.
Fontes
- Sobre la marcha, podcast de Gabriel Viso
Artigos Relacionados:
- AWK
- Eliminar liñas nun ficheiro con sed
- Cómo crear un live USB dende a terminal
- Engadir tarefas a Systemd
- Copiar a saída do terminal ao portapapeis
- Controlar la temperatura del equipo con bash y telegram
- Instalar Displaylink openSuse Tumbleweed
- Crear un PNG animado con FFMPEG
- Instalar Fedora con BTRFS, cifrado e Snapshots activos
- AWK
- Mudar as DNS en Fedora
- Distrobox
- Instalar Fedora en VirtualBox
- Eliminar liñas nun ficheiro con sed
- Cómo crear un live USB dende a terminal
- Engadir tarefas a Systemd
- Copiar a saída do terminal ao portapapeis
- Configurar acceso SFTP a un directorio
- Inicio de sesión automático en Alpine linux
- Crear un usuario con permisos restrinxidos para backups
- error: gpg failed to sign the data
- Xestionar varias claves ssh
- Cómo instalar Traefik con docker
- Configurar sshfs para acceder al sistema de ficheros de forma segura
- Securizar sudo no noso sistema
- Cómo instalar Raspberry OS
- Instalando docker en modo rootless en Debian
- Configuración e uso de GPG en linux