Actualizar Nextcloud en Docker
Introdución
Fai algún tempo que teño pendente actualizar Nextcloud na Raspberry. Actualmente vou varias versións por detrás da actual. Así pois vou detallar os pasos para actualizar, recollendo calquer posible problema que poida ter, por ser un salto de seis versións.
Proceso
Como dixen se queremos saltar varias versións, é posible que nos de un erro porque isto non é posible. Así que o que fixen foi pasar da 28 á 29, desta á 30, etc. Simplemente mudei o número de versión no docker-compose e volvín construir o contenedor ca nova imaxe. Ao facer isto doume un erro 404, no que me indicaba que debería correr os comandos para facer a actualización na consola, xa que non tiña habilitado facelo por web.
Actualizar pola web
Despois dunha busca pola configuración, vin que no arquivo config.php da configuración tiña esta liña:
'upgrade.disable-web' => true,
Así que para habilitar a actualización web, tiven que mudar o valor a false. Sen embargo, todavía tiven o mesmo erro ao volvelo tentar. Resulta que hai outro ficheiro sobre escribindo ese valor. O ficheiro ten un nome facilmente recoñecible upgrade-disable-web.config.php. Así que despois de facer o mesmo cambio indicado anteriormente, agora xa si podo actualizar co navegador. Tan doado como premer o botón que amosa.
Conclusión
Para evitar problemas só é preciso ir mudando no docker-compose.yaml a versión, de versión maior en versión maior. Non é preciso ter en conta as versións menores. Con cada unha deberemos erguer o contenedor para que nos de a opción de actualizar e se fagan os cambios requeridos.
Tamén aproveitei para pasar da versión de PostgreSQL da 10 á 11, previa comprobación de que é unha versión soportada.
Artigos Relacionados:
- Actualizar Invidious despois de que me dese erro bastante tempo
- Instalación de News en Nextcloud
- Instalación de GPodder Sync en Nextcloud
- Configuración de Calibre web auto aloxado con Traefik
- Configuración de Jellyfin auto aloxado con Traefik
- Copias de seguridade con Borgbackup
- Controlar la temperatura del equipo con bash y telegram
- Instalación de Nextcloud
- Instalación de Pi-hole
- Configuración de Invidious auto aloxado con Traefik
- Configuración de SearXNG auto aloxado con Traefik
- Cómo instalar Traefik con docker
- Instalando docker en modo rootless en Debian
- Instalando Jekyll con Docker
- Instalación de News en Nextcloud
- Instalación de GPodder Sync en Nextcloud
- Instalación de Nextcloud