Instalación de GPodder Sync en Nextcloud
Introducción a GPodder Sync
GPodder é un servizo que nos permite sincronizar os nosos podcasts entre dispositivos. Para isto a través dunha nube de terceiros, manterá a información das nosas subscripcións, dos episodios reproducidos e mesmo da posición das reproduccións en curso. Para facelo, fai uso da nube, dunha nube de terceiros. Así que buscando alternativas auto hospedadas, atopei que Nextcloud ten un engadido para facer isto mesmo, GPodder Sync.
Como xa teño a miña instalación de Nextcloud correndo, non me custou moito decidir probar este engadido. Así que imos ver cómo instalalo.
Instalación
Para instalar GPodder Sync, ou calquer outro engadido da tenda, imos ir á icona do perfil. No meu caso ao do administrador, xa que é o único usuario con privilexios para instalar. Alí entramos en Aplicacións e imos ao menú de Multimedia. Veremos un listado de engadidos que poderemos instalar, buscamos GPodder Sync e prememos en Descargar e activar.
Uso
Unha vez instalado, veremos unha nova icona na parte superior. Con forma de antena
cas ondas.
Cando entramos na sección veremos que non temos nada. Pero no centro teremos unha mensaxe indicando que comecemos a sincronizar os nosos podcasts con algún cliente como AntennaPod. Para isto iremos ao menú de axustes e a sincronización.
Dentro deste menú teremos a opción para escoller o noso provedor, no que poderemos escoller a nosa instancia de Nextcloud. Unha vez fornecido o método de autenticación, xa poderemos sincronizar.
Agora se refrescamos a nosa páxina de Nextcloud, poderemos ver o noso listado de podcasts e as nosas subscripcións.
Se no futuro tivese que restaurar o móbil, ou quixese sincronizar outro dispositivo, tan só tería que engadir este mesmo orixe e todo estaría sincronizado. Sen ter que andar a exportar os podcast e importar o arquivo no novo dispositivo. Co cal todo é moito máis rápido e cómodo.
Conclusións
Aínda me falta por atopar unha aplicación de escritorio para poder escoitar os podcast no equipo de xeito cómodo. Non sei por qué pero, a aplicación de Gpodder, aínda que me deixa poñer a miña instancia de Nextcloud como orixe. E chego a por a autenticación. Non consigo que acceda aos podcasts.
Pero a pesar disto si que probei a sincronizar un móbil que tiña parado e funcionou perfectamente. Así que tan só me queda conseguir a aplicación para o PC e desfrutar dos meus podcast en calquer momento, ca opción de retomar o episodio dende calquer lado.
Artigos Relacionados:
- Instalación de News en Nextcloud
- Actualizar Nextcloud en Docker
- Instalación de Nextcloud
- Actualizar Invidious despois de que me dese erro bastante tempo
- Instalación de News en Nextcloud
- Actualizar Nextcloud en Docker
- Configuración de Calibre web auto aloxado con Traefik
- Configuración de Jellyfin auto aloxado con Traefik
- Copias de seguridade con Borgbackup
- Controlar la temperatura del equipo con bash y telegram
- Instalación de Nextcloud
- Instalación de Pi-hole
- Configuración de Invidious auto aloxado con Traefik
- Configuración de SearXNG auto aloxado con Traefik
- Cómo instalar Traefik con docker
- Instalando docker en modo rootless en Debian
- Instalando Jekyll con Docker