Portada Hábitos Atómicos

Datos do libro

  • Título: Hábitos atómicos, cambios pequeños, resultados extraordinarios
  • Autores: James Clear
  • Idioma: español
  • Publicado: Diana
  • URL: https://atomichabits.com

Introducción

Un dos temas que me apaixonan é o da productividade, poder facer máis cousas en menos tempo, ou con menos enerxía. Para dispor dese tempo e enerxía para outros proxectos ou mesmo ocio.
Sen embargo cada vez que tento desfacerme dun vello hábito, ou comezar cun novo, non é algo sinxelo. Moitas veces comezo a facer exercicio, ou algunha actividade contando con que se me manteño durante vinteún días asentarei o hábito. Hai varios prantexamentos mal nese enfoque. O primeiro é a falsa crenza de que os hábitos se forman en vinteún días, o cal non é así. Polo visto na década de 1960 un cirurxán, comprobou que de media eran vinteún días o que lles levaba aos seus pacientes acostumarse a algún cambio. Pero falaba de cambios físicos e el mesmo dicía que non aplicaba a todo-los casos. Estudos máis recentes falaban de medias de sesenta e seis días, pero cunha horquilla entre os participantes dende os dezaoito ata os douscentos cincuenta e catro días.
Outro erro no enfoque dos vinteún días é por o foco no tempo. Se algo se enfoca así, tende a ser algo que queremos facer, pero que non nos gusta. Así que agardamos que despois deses vinteún días, xa nos acostumemos e nos saia so. Se non nos gusta, ou facemos que nos guste ou non vai funcionar.

Por iso me gustou moito este libro, presenta unha serie de estratexias, respaldadas noutros estudos. Sobre como crear hábitos, ou como desfacerse de aqueles que non nos conveñen.

Sobre o autor

James Clear: especialista en formación de hábitos, publica semanalmente unha newsletter con artigos sobre o tema e ofrece conferencias en universidades de todo o mundo ou en empresas. A sua web JamesClear.com, recibe máis de dous millóns de visitas menusais. Nesta web podemos atopar a recopilación das newsletters anteriores, así como artigos sobre a formación de hábitos.
No propio libro o autor fálanos un pouco de sí mesmo e de como os hábitos influíron na sua vida.

O libro

O primeiro que quero dicir deste libro é que se trata dun libro moi doado de ler, moi ameno e no que se inclúen as experiencias de los hábitos de xente ca que foi coíncidindo na sua vida.

Unha das primeiras pílulas que nos entrega é a de por o foco no sistema e non nas metas. Isto ven a relación co dos vinteún días por exemplo. Se nos enfocamos no prazo, no nos estamos a fixar en cómo queremos o que nos estamos a propor. Se por exemplo, xa que falamos de libros, queres ser un escritor. Non se trata de sentarse a escribir vinteún días, se non de crear ese sistema que nos facilite escribir e que faga que o disfrutemos.
Tamén se nos dí que non todo teñen que ser grandes cambios para conseguir un hábito, que son os pequenos cambios os que moldean a nosa vida.

Sobre por o foco nas metas, deixanos unhas reflexións moi interesantes, que desenvolve no libro. Pero que para telas a man, vou reflexar aquí:

  1. Os gañadores e os perdedores comparten metas.
  2. Acadar unha meta só é un cambio temporal.
  3. As metas restrinxen a felicidade, disfruta do proceso.
  4. As metas non coínciden co proceso a longo prazo.

Outro aporte interesante é o enfoque por identidade. Xa que non é o mesmo ter como obxectivo ler un libro, que converterse en lector. En canto lemos o libro xa cumprimos a meta, co cal precisamos unha meta nova, pero se queremos ser lectores ese enfoque lévamos a un cambio permanente. Se o vemos dende o punto negativo, podemos ver como este tipo de enfoque moitas veces dirixe a nosa vida. Por exemplo cando alguén pensa que é un negado para a música, despois de tratar de aprender a toca-la guitarra. O que fará que a pesar de lle gustar a música non volva probar, tal vez deixando pasar un instrumento máis axeitado como piano, frauta, etc. Unha vez que nos identificamos dun xeito, actuamos en consecuenza. Por iso é importante verse como queremos chegar a ser, ao imprementar os hábitos. Se quero ser un bo programador, terei que ter un sistema que me axude a conseguilo, xa sexa ca práctica deliverada, ca lectura de libros, rodearme de xente do mundillo, etc. Aplicar cambios que me leven a vivir, como un bo programador.

James Clear, presenta no libro unha pauta na que se crean os hábitos. Da igual, bos que malos. Simpremente, ocorre algo (sinal), despértase en nos un desexo (anhelo), actuamos (resposta) e conseguimos o resultado (recompensa).

Un exemplo de como isto nos afecta negativamente. Despois dun día de traballo, chego a casa canso, tírome no sofá e póñome a ver vídeos no móbil. Chegar a casa de traballar é un sinal, descansar é un anhelo, ver vídeos no móbil é un resultado e as endorfinas son a recompensa.
Hoxe en día estamos rodeados de recompensas inmediatas coma esta, como a comida basura ou as aplicacións de citas. Por iso é tan doado acostumarse a elas.

Baseándose nesa secuencia, o autor proponnos unhas pautas tanto para crear, como para eliminar hábitos. Quitando da ecuación o consumo de enerxía, para resistir a tentación de ver vídeos en troques de facer o que nos é mellor ao longo prazo, como pode ser estudar ou facer exercicio.

Para isto el formula catro leis para formar hábitos e a sua inversa, para eliminalos:

  1. Lei: Facelo obvio. Se queremos ser lectores, non chega con dicir que queremos ler. Hai que facer que se vexa, por exemplo planificando. Despois de cear e antes de durmir, vou ler.
  2. Lei: Facelo atractivo. Salvo que o hábito que queiramos facer, sexa algo que nos guste, teremos que buscar un xeito de facelo máis apetecible. Se por exemplo queremos ver o último vídeo das redes, podemos decidir que o faremos despois de ler por un rato.
  3. Lei: Facelo sinxelo. Cando planifiquemos un hábito, ten que ser algo doado, o que importa é facer a acción, non o tempo que esta se fai. Así pois, seguindo co exemplo da lectura. En lugar de planificar ler un libro, podemos planear ler unha páxina. Se queremos mellorar en saúde, podemos planexar camiñar ata o final da nosa rúa, en troques de dez mil pasos. A isto podemos engadir preparar o ambiente, deixando o libro enriba da mesa, ou tendo as zapatillas de saír a camiñar a man.
  4. Lei: Facelo satisfactorio. As anteriores leis facilitan actuar, pero esta é a que fai que sexa doado que a conducta se repita. As cousas que nos gustan é doado querer facelas, as que non, non. Ás veces, dependendo da persoa, o feito de marcar nun calendario os días que cumprimos, ou ver como o marca páxinas vai cruzando o libro conforme o lemos valen para ver o progreso e como recompensa. Estamos evolutivamente preparados para as recompensas inmediatas, por iso hoxe en día é tan doado deixarse levar pola comida rápida, as redes sociais, etc. Aínda que a longo prazo, poídan ser perxudiciais, no curto prazo son satisfactorias. Pero xeralmente as que son boas, no curto prazo non producen recompensas. Conseguir un ascenso fainos sentir ben, rematar os estudos pon o mundo aos nosos pés, pero en ambos casos o proceso non soe ser satisfactorio. Temos que buscar un sistema que o faga atractivo e que sexa inmediato. E pode ser algo tan sinxelo como marcar no calendario os días que cumprimos. Isto activará no noso cerebro a necesidade de non querer romper a racha. Ou pode ser algo distinto como, despois de estudar sairei pasear cos cans polo monte.

Pola contra se queremos eliminar malos hábitos, aplicaremos as leís invertidas.

  1. Facelo invisible: se cada vez que pasamos por diante da panadería, mercamos un bolo. Podemos mudar a nosa ruta, para evitar pasar pola panadería.
  2. Facelo pouco atractivo: prántexa que ocorre se levas a cabo ese hábito, se fumas estragas a saúde e gastas moitos cartos. Se comes demasiados doces, podes rematar con diabetes, etc.
  3. Facelo difícil: se queres deixar de consulta-lo móbil todo o rato, proba a deixalo noutra habitación. Se queres deixar a comida rápida, borra a túa tarxeta das aplicacións, cando queiras pedir terás que por todos os datos cada vez.
  4. Facelo insatisfactorio: se queres deixar de fumar, ou de dicir tacos, imponte unha multa cada vez que o fagas. Pero que sexan uns cartos que ti non vas tocar, non vale de nada pagar se despois usas os cartos para algo que che guste. Podes por exemplo, comprometerte e cada vez que fagas o mal hábito facer unha doazón ou pagarlle a túa parella para que sexa ela a que use eses cartos, como ela queira.

Obviamente aquí está todo super resumido, no libro hai moitos exemplos e experiencias de distintas persoas nos distintos escenarios. Persoalmente é o libro que máis me gustou dos que lin sobre este tema, ou similares.

O propio autor nos deixa un acceso na sua web a estas leis

Conclusión

Un gran libro que explica como o noso cerebro crea e elimina hábitos. Explicado dun xeito accesible e entretido. Gustoume tanto que xa lle falei del a varios coñecidos e en breve llo entregarei a alguén para que tamén o lea.
Para todos aqueles que buscamos unha mellor versión de nós, unha lectura recomendadísima.