Introducción

Tanto Kate coma KDevelop, poden abrir un ou varios proxectos á vez. E podemos ter tamén a aplicación aberta varias veces con cadanseu proxecto. Pero resulta que ambo-los dous programas, traen outra función as sesións. Neste artigo explicarei que son e que usos teñen.

Explicando as sesións

Moitas veces cando estamos traballando, temos certos elementos abertos, ferramentas, arquivos, etc. E pode que polo motivo que sexa teñamos que interromper o noso traballo, para retomalo máis tarde. Neste caso teríamos varias opcións ou ben deixar a aplicación aberta, ou pechala e volver a abrir todo.

As sesións de Kate ou KDevelop, permiten gardar a configuración actual do noso editor. De xeito que cando volvamos a abrir a sesión, poderemos ver as lapelas que tiñamos abertas, cas ferramentas que tiñamos á vista. Por exemplo veríamos os arquivos abertos, co cursor na posición na que o tiñamos, ca árbore de directorios, a terminal de proxectos, etc. A sesión, se así a temos configurada, incluso recuperará os ficheiros con cambios que non tivésemos gardados. Tanto se son ficheiros novos, como ficheiros modificados.

Configurando as sesións

Para configurar as sesións iremos ao menú de Configuración > Configurar Kate > Sesións.

O primeiro que nos ofrece é configurar o comportamento da aplicación ao abrila.

  1. Iniciar unha nova sesión: será coma un lenzo en branco, sen lembrar nada do anterior.
  2. Cargar a sesión anterior: abrirá o editor tal cal o tiñamos na última sesión.
  3. Escoller manualmente unha sesión: no caso de ter algunha sesión gardada, preguntaranos cal queremos abrir. Ou abrir unha nova, entre outras opcións.

O seguinte será o comportamento ao abrir ou pechar. Aquí xa vemos cousas máis do comportamento, como reabrir ficheiros novos sen gardar, ou ficheiros modificados tamén sen gardar. O cal fará que eses cambios non se perdan entre reinicios da sesión. Ou amosar a pantalla de benvida, etc.

Tamén nos ofrece gardar os elementos da sesión, que será o que fará que se tiñamos a vista de Git, os snippets, o LSP, etc abertos. Volvan aparecere como estaban.

Por último ofrécenos gardar a meta información das sesións pasadas. Cousas como os marcadores, que son coma anclas nos documentos que nos permiten ir a ese punto concreto. Por exemplo, marcar a liña oitenta nun código, para poder volver a ela cando o precisemos.

Conclusión

Poder ter diferentes sesións, para diferentes proxectos axudanos a ser máis productivos. Xa que non teremos que lembrar o que estábamos a facer a última vez que traballamos nese proxecto. Podemos traballar en outros en medio e reabrilo para continuar, cas cousas tal cal as deixamos.

Fontes

KDE: Documentación das sesións en Kate