Recuperar el sistema después de una actualización
Recuperar el sistema después de una actualización
Introducción
Recentemente tiven un problema con Opensuse Tumbleweed. Tras unha actualización, ao día seguinte, o sistema non arrancaba. Durante a carga do mesmo comezaba a dar erros de memoria e do procesador, non podía acceder a ningunha consola, nin a nada.
Por sorte no caso de Opensuse as snapshots quedan configuradas tras a instalación do sistema. Deste xeito cada vez que actualizo, creanse dous puntos de restauración, un previo á actualización e outro posterior.
Solución
Cando iniciamos o sistema. Despois de por o contrasinal para descifrar os discos, en caso de telos cifrados, podemos ver o menú de arranque.

Este menú permite que poidamos acceder ao listado de puntos de restauración e escoller con cal queremos entrar.

No meu caso accedín ao previo á actualización e aí o sistema si que iniciou sen atrancos. Tal como dí o menú anterior, este é un sistema de só lectura. Así que quedaba o seguinte paso, que é tan simple como executar un único comando.
sudo snapper rollback
Con isto e tras reiniciar o sistema iniciou sen inconvenientes.
Conclusión
Os snapshots do sistema BTRFS son unha gran axuda para solucionar este tipo de erros. Con EXT4 o máis probable é que rematase por reinstalar o sistema, pero agora teño a man unha solución sinxela.
Fontes
- Pragmaticlinux: How to rollcback a snapshot on opensuse