Actualizar Invidious despois de que me dese erro bastante tempo
Introducción
Levo xa algún tempo sen utilizar Invidious, xa que nalgún momento me dou erro ao reproducir os vídeos. No seu momento polo que vin parece que foi por un cambio feito por Youtube. A solución se non lembro mal, pasaba por instalar algo. Pero non me parei moito xa que naquel momento tiña outras prioridades, ou simplemente non me organizaba moi ben.
Pero estes días decidín volver darlle unha oportunidade. Así que probei a levantálo, sen éxito. A diferenza foi que nesta ocasión, doúseme por revisar a guía de instalación.
Cambios na configuración
Según puiden comprobar un erro inicial que tiña era porque eu engadira init: true
aos contenedores,
para que os procesos non quedasen orfos. Pero parece que isto choca con algo do propio contenedor.
A maiores vin que me faltaba un novo servizo que engadiron na configuración.
inv_sig_helper:
image: quay.io/invidious/inv-sig-helper:latest
init: true
command: ["--tcp", "0.0.0.0:12999"]
environment:
- RUST_LOG=info
restart: unless-stopped
cap_drop:
- ALL
read_only: true
security_opt:
- no-new-privileges:true
Así que engadino e metino na rede de invidious.
networks:
- invidious
Tamén engadiron dúas novas variables visitor_data e po_token que son as que se encargan de proporcionar os datos para a conexión con Youtube. Na propia guía está o contenedor para xerar estas claves.
docker run quay.io/invidious/youtube-trusted-session-generator
Unha vez feitos os cambios, xa teño de volta Invidious funcionando.
Conclusión
Compre revisar a documentación oficial dun proxecto cando temos erros, non só facer unha busca en internet. Xa que poden ter cambios de configuración, para simplificar, ou para solventar erros como foi neste caso.
Fontes
Invidious: guía de instalación.
Artigos Relacionados:
- Instalación de News en Nextcloud
- Instalación de GPodder Sync en Nextcloud
- Actualizar Nextcloud en Docker
- Configuración de Calibre web auto aloxado con Traefik
- Configuración de Jellyfin auto aloxado con Traefik
- Copias de seguridade con Borgbackup
- Controlar la temperatura del equipo con bash y telegram
- Instalación de Nextcloud
- Instalación de Pi-hole
- Configuración de Invidious auto aloxado con Traefik
- Configuración de SearXNG auto aloxado con Traefik
- Cómo instalar Traefik con docker
- Instalando docker en modo rootless en Debian
- Instalando Jekyll con Docker