The Programmer's Brain
Datos do libro
- Título: The Programmer’s BRAIN
- Autores: Felienne Hermans
- Idioma: Inglés
- Publicado: Manning
- Web: https://www.felienne.com/
Introducción
Nesta ocasión, vou falar dun libro que vai máis aló do código en sí mesmo, explorando o xeito no que funciona o noso cerebro durante as sesións de programación. Con The Programmer’s BRAIN, Felienne Hermans guíanos a través das distintas situacións que se dan no noso cerebro mentres lemos e escribimos código. Descubriremos que ocorre na nosa mente cando enfrontamos dificultades para escoller nomes de variables mentres programamos, e como escribir código de xeito que facilite a vida a aqueles que o aborden no futuro, incluso se eses individuos somos nós mesmos.
Ao longo dos diversos capítulos, Hermans amósanos como o cerebro interpreta o código, técnicas para ler código de xeito máis eficiente e estratexias para simplicar ou mellorar a comprensión do código. Todo isto se aborda dende unha perspectiva psicolóxica, respaldada por referencias a estudos e experimentos relevantes. En última instancia, este libro non só nos proporciona unha guía para codificar de xeito máis intelixente e efectivo, se non que tamén nos brinda as ferramentas para comunicarnos mellor cos nosos colegas, especialmente ao orientar e formar a outra xente, como os junior.
Sobre a autora
Felienne Hermans: no momento de escribir esta reseña é profesora de Ciencias da Computación, na Universidade de Vrije en Amsterdam e colabora tamén co programa Codasium. Tamén é investigadora e conferenciante. Especializada na intersección entre a programación e a psicoloxía cognitiva e a educación na informática. A través da sua experiencia na ensinanza de programación á infancia, desenvolveu a linguaxe de programación Hedy, enfocado en facilitar aos nenos a aprendizaxe da programación textual. No 2021 gañou o Dutch Prize for ICT research.
O libro
Nesta obra, a autora sumérxenos na complexidade do noso cerebro ao enfrontarnos ao desfío de comprende-lo código. A través de diversos estudos, Felienne Hermans explora por qué nos resulta compricado analizar novo código ou comprender fragmentos nunha linguaxe descoñecida.
O libro aborda aspectos fundamentais da psicoloxía do programador, centrándose na memoria a longo prazo, memoria a curto prazo e na memoria de traballo. Hermans destaca cómo estas funcións cerebrais interveñenen ao ler código e sinala as deficiencias que enfrontamos, como a falta de coñecemento, de información e de capacidade de procesamento.
Sen entrar en detalles excesivos, exponse que a falta de coñecemento reflexa a ausencia de experiencias previas, xa sexa nun dominio específico (mecánica, menciña, comercio, etc.) ou nunha linguaxe particular (Lisp, Cobol, PHP, C#, entre outras). En canto a falta de información, refírese a casos concretos, como cando o enunciado non proporciona detalles cruciáis, como límites para determinar se un sensor debe activarse ou non. Por último, a falta de capacidade de procesamento refírese a incapacidade de executar o código mentalmente debido a súa complexidade, con numerosas variables, bucles, etc.
O texto ofrece diversas estratexias para superar estas limitacións. Hermans introduce conceptos como as balizas, fragmentos de código que axudan a entender un bloque sen necesidade de recordalo completamente. Tamén recomenda o uso de patróns de deseño no noso código, sinalando que a experiencia na lectura de código facilita a retención de bloques con estes patróns coñecidos, afectando tanto á memoria a curto prazo como a longo prazo.
Como solucións, Hermans proporciona ferramentas como a refactorización, destacando que non é preciso que estas sexan definitivas. Sulíñase a posibilidade de reemprazar constructos descoñecidos como funcións anónimas, por estructuras coñecidas para facilitar a comprensión do código, e suxírese o uso de tarxetas Anki para estudar funcións de linguaxes e constructos.
Abórdase así mesmo o uso de táboas de estado coma unha excelente axuda para analizar código con moitas variables e bucles, reducindo a carga de procesamento e a demanda da memoria a curto prazo.
A sección sobre tipos de variables ofrece unha perspectiva valiosa ao asignar nomes a funcións específicas como constantes, steppers, bandeiras, walkers e outros roles que as variables poden desempregar nun programa. O que proporciona unha nomenclatura común para utilizar cos compañeiros.
Hermans explora as etapas da lectura do código, identificando catro fases básicas según estudos vinculados. Estas inclúen atopar o punto focal, expandir o coñecemento desa área, comprender un concepto a partir de entidades relacionadas e finalmente comprender varios conceptos ou o concepto xeral en base a varias entidades.
Conclusión
En conclusión, trátase dun libro ideal para lectores de todo-los niveis e experiencia. Faise énfase na sua utilidade para mellorar a comprensión do código e do que acontece na cabeza de alguén, o que beneficia tanto a aqueles que estean a aprender unha nova linguaxe como a aqueles responsables de formar a programadores junior.
Con pautas e exercicios prácticos, o libro promete non só facer dos individuos mellores profesionais, se non tamén contribuír á mellora da eficiencia dos equipos. A importancia da lectura constante de código destaca, desafiando a tendencia común de limitarse ao que esixe unha tarefa específica.
En resumo, The programmer’s brain é unha lectura recomendable ao cento por cento.
Artigos Relacionados:
- Crear snippets/fragmentos en Kate
- Introducción a ElasticSearch
- Refactoring: Improving the Design of Existing Code
- error: gpg failed to sign the data
- Controlar la temperatura del equipo con bash y telegram
- Cómo instalar Traefik con docker
- Command Query Responsibility Segregation by Example